Javier Roza, novo presidente da Inlac para os próximos dous anos

Javier Roza, novo presidente da Inlac para os próximos dous anos

Este xoves, a Organización Interprofesional Láctea (Inlac) escolleu, por unanimidade na súa Asemblea Xeral, a Javier Roza como novo presidente da entidade ata 2026. Roza representa á Federación Nacional de Industrias Lácteas (Fenil) e releva no cargo a Daniel Ferreiro, representante de Cooperativas Agro-Alimentarias de España.

A Xunta Directiva estará conformada por Román Santalla (UPA), vicepresidente primeiro; Rosario Arredondo (COAG), vicepresidenta segunda; Carlos Ares (Cooperativas Agro-Alimentarias), secretario; e Ramón Artime (ASAJA), tesoureiro.

Javier Roza é Doutor Cum Laude pola Universidade Complutense de Madrid, MBA polo Instituto de Empresa e Licenciado en Bioloxía pola Universidade de Oviedo. Desde hai máis de 16 anos é o director xeral de Mantequerías Arias e, no período 2016-2019, ocupou a presidencia da Fenil.