Xornada sobre a pegada de carbono en Lalín

Xornada sobre a pegada de carbono en Lalín

A Aula UNED ubicada no polígono Lalín 2000 acollerá o próximo mércores 17 de novembro de 10:00 a 14:30 horas a xornada "A pegada de carbono nas explotacións agrarias". As charlas afondarán nas futuras esixencias europeas ás que deberá facer fronte o sector primario neste ámbito.

Para asistir é necesario rexistrar este formulario na sede electrónica con procedemento PR004A ou remitilo por correo electrónico a juan.antonio.ortega.martinez@xunta.es.