Xornada técnica en Friol sobre a revalorización e o control do produto lácteo

Xornada técnica en Friol sobre a revalorización e o control do produto lácteo

O Concello de Friol organiza unha xornada técnica o sábado 11 de marzo ás 16:30 horas no salón de actos do Centro Sociocultural. A temática desta sesión céntrase na revalorización e o control do produto lácteo e está dirixida a produtores e transformadores.

A sesión será impartida polo CEO de AMSLab, Manuel Lolo e tratará o control e a mellora da produción no sector. Ademais, presentarase unha análise da caseína A1/A2 no leite e as vantaxes asociadas ao seu control. Para finalizar o encontro haberá un coloquio entre todos os asistentes.