Juan José Sánchez, do Servizo de Podoloxía de Seragro, resultou ser o gañador do primeiro campionato mundial de recorte de pezuños, organizado pola Asociación Profesional de Podoloxía Bovina (APPB) e polo grupo ANKA.
Este campionato celebrouse durante o Summer Trimming School, Congreso Mundial, na gandería Mas Bes (Girona). En total, participaron 18 países. Primeiro tivo lugar unha rolda inicial, da que se elixiron a catro finalistas e, entre estes, decidiuse cal sería o gañador, que foi Juan José Sánchez.