A Asociación Profesional de Podoloxía Bovina (APPB) firma un convenio de colaboración con RoMS

A Asociación Profesional de Podoloxía Bovina (APPB) firma un convenio de colaboración con RoMS

Esta semana e despois de varios meses de negociacións, Laura Randall, xerente de RoMS (Register of Mobility Scorers), e José María García, presidente da APPB, asinaron un acordo de colaboración para que a APPB poida usar o sistema RoMS en toda a península ibérica. Este sistema de cualificación de mobilidade permite saber en que nivel de benestar se atopa a granxa auditada en canto ás coxeiras se refire. Algúns socios da APPB xa contan co título de cualificadores. Tamén hai algún formador para poder empezar a facer cursos que habiliten como cualificadores ás persoas que pasen as probas requiridas.

Así, a APPB apostou decididamente polo sistema RoMS. Ante a necesidade dunha ferramenta obxectiva de valoración estandarizada para a auditoría de calidade, a Xunta de Desenvolvemento Agrícola e Hortícola (AHDB) desenvolveu un sistema de cualificación da mobilidade para o vacún leiteiro do Reino Unido, que axudase a avaliar obxectivamente a capacidade locomotora das vacas. Ao longo dos anos, RoMS demostrou unha boa consistencia e o seu uso está amplamente estendido na industria.