A Central Agropecuaria de Galicia Abanca viviu un récord histórico no prezo dun exemplar de vacún maior ao alcanzar os 10.498 €

A Central Agropecuaria de Galicia Abanca viviu un récord histórico no prezo dun exemplar de vacún maior ao alcanzar os 10.498 €

Novo récord absoluto en canto ao prezo pagado na súa poxa por un exemplar de vacún maior na Central Agropecuaria de Galicia Abanca. O animal, que foi adquirido por Frigoríficos Bandeira, trátase dun boi de raza mestiza con etiqueta Vaca e Boi de Galicia, nacido en agosto de 2019 e pertencente a unha explotación de Arzúa (A Coruña). Ata o día de hoxe, o récord situábase nos 10.469 €, pagados por outro boi de raza mestiza o 1 de marzo de 2022.