As novidades da nova PAC, a debate

A Lei que regula o sistema de xestión da Política Agraria Común (PAC) 2023-2027 e outras materias conexas quedou definitivamente aprobada no Congreso dos Deputados o pasado xoves, pero aínda están pendentes 10 decretos, dun total de 18 que complementan este proxecto de lei, nos que se desenvolve o contido da política agraria e a súa aplicación práctica, que se publicarán no Boletín Oficial do Estado (BOE) nas próximas semanas.

Das novidades e controversias desta PAC debatiron José González, conselleiro do Medio Rural; César Lumbreras, xornalisa e director do programa de radio Agropopular, e Javier Iglesias, secretario de Administración e Servicios de Unións Agrarias nunha xornada organizada por Banco Santander o pasado 16 de novembro en Lugo.

Galicia é unha das comunidades autónomas que menos beneficiada sae con esta nova PAC e os tres relatores expuxeron os puntos clave que poderán afectar aos ganadeiros e agricultores galegos, deron a súa opinión sobre o asunto e debatiron sobre as cuestións máis controvertidas desta nova norma.

O evento finalizou con esta rolda de preguntas, dispoñible na nosa sección de tv, na que os tres relatores xunto a José Balseiros, director xeral de Ganadería, Agricultura e Industrias Agroalimentarias da Consellería do Medio Rural, e Jorge Piñeiro, subdirector xeral de Gestión da PAC en Galicia, tamén presentes no encontro, responderon as diferentes dúbidas expostas polos asistentes. Os ecoesquemas e os anticipos das axudas foron os protagonistas durante esta última parte do acto.