O próximo xoves día 15 de xuño terá lugar unha xornada formativa dirixida a todos os gandeiros interesados no restaurante O Cadaval, en Frades (A Coruña), organizada pola Cooperativa de Frades SCG. O encontro comezará ás 11:00 e durará toda a mañá.
En primeiro lugar, intervirá Sergio Rodríguez, do servizo técnico de ruminantes de Vetia, quen falará sobre a rinotraqueítis infecciosa bovina (IBR) e o seu novo programa de prevención, control e erradicación. Despois dunha breve pausa para un café, será o momento de Raquel Gómez, da subdirección xeral de Sanidade e Hixiene Animal e Trazabilidade do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación; durante a súa quenda, centrarase no uso responsable de antibióticos e na normativa sobre o veterinario de explotación. Finlamente, Diana Freijeiro, enxeñeira agrónoma en Agroenxeñaría Galega, poñerá punto e final ao evento profundizando sobre as novas normativas para o sector agrario, caderno de campo e fertilización.
Por motivos de organización, débese confirmar a asistencia antes do 14 de xuño chamando á cooperativa ou ao 981692105. Tamén se pode enviar un email a info@centralfrades.es.