A Deputación de Lugo celebrará o venres 30 de xullo, a partir das 10:00 horas, unha poxa pública de 55 cabezas de gando bovino das razas frisona e cachena da Granxa Gayoso Castro. A institución provincial venderá 28 frisonas e 27 cachenas a través deste procedemento de concorrencia, que terá lugar nas propias instalacións da Granxa, en Castro Ribeiras de Lea.
A poxa será en vivo, a man alzada e ascendente, de modo que empezará por un prezo de saída que se irá incrementando a través de sucesivas poxas, en tramos de 10 €, ata que quede un único participante. Poxarase de modo individualizado polo exemplar que se estea licitando. O prezo de saída varía en función das características dos exemplares; o máis baixo será de 105 € e o máis alto de 705 €.
A oferta económica presentada consistirá unicamente en diñeiro en metálico e non se admitirá adiamento de pago, que se fará en efectivo mediante ingreso na Tesouraría provincial.