Desde a EFA Fonteboa organizaron unha ruta en bicicleta para fomentar o consumo de leite e o deporte como hábitos de vida saudables. No traxecto, desde a Praza do Obradoiro, Santiago, ata Corzón, Mazaricos, participaron 35 ciclistas, na súa maioría vinculados ao sector gandeiro (veterinarios, antigos alumnos da escola, gandeiros e afeccionados á bicicleta de monte).
O percorrido seguido foi marcado pola ruta do Camiño de Santiago a Muxía e foron parando en varias granxas que están preto do traxecto para brindar con leite e coñecer o que hai detrás dun litro de leite, así ata chegar á SAT Busto Corzón, onde comeron en compañía dos propietarios.
Os participantes quedaron satisfeitos, tanto polo aprendido no mundo do leite, como pola organización da actividade. Para o próximo ano, desde a EFA contan repetila.