A Asociación EFA Fonteboa, a través do seu Centro de Promoción, ofrece o servizo de laboratorio para analizar as mostras de solo e contribuír á eficiencia no manexo do mesmo. Estas análises realízanse co obxectivo de coñecer o estado actual do chan en canto a niveis de fertilidade e acidez. Os resultados obtidos utilizaranse para ser máis eficiente agronómicamente nun plan de fertilización.
As mostras extráense en "W", collendo varias submostras homoxéneas. Logo mestúranse e envíanse nunha bolsa de polietileno coa súa referencia. O nivel de profundidade da toma será segundo o cultivo que se vaia a empregar, aínda que como norma xeral fíxase entre os 20 e 25 centímetros, sempre refugando a primeira capa superficial do terreo (uns 3 cm). É suficiente con obter entre medio e un quilogramo de solo. O momento idóneo para recoller a proba é despois da colleita dun cultivo, unha vez extraídos os nutrientes do devandito terreo e sempre antes de aplicar calquera fertilizante orgánico.
Unha vez recibida a mostra, aplícanselle tratamentos para determinar parámetros como a textura, o pH, a materia orgánica, os macronutrientes, a saturación de aluminio, etc. Finalmente procédese á interpretación da analítica e ás recomendacións do abonado.