A Escola Politéctica Superior de Lugo ofrecerá, o próximo 26 de abril ás 11.00 horas e de forma telemática, un seminario online que tratará diversas solucións para o control alternativo das malas herbas co sistema de escarda eléctrica.
Segundo avanza o ente adscrito á Universidade de Santiago de Compostela (USC), o programa estará composto por unha charla sobre o escardado eléctrico en pradarías e froiteiras, unha presentación da tecnoloxía de escarda eléctrica Rootwave e, finalmente, unha demostración de escarda eléctrica en viñedo.
Os interesados en participar poden rexistrarse nesta ligazón.