A foto de Anabel Carballo gaña o certame "Outra Vaca no Millo" 2024

A foto de Anabel Carballo gaña o certame "Outra Vaca no Millo" 2024

A fotografía sobre estas liñas, autoría de Anabel Carballo, de Tordoia (A Coruña), foi a gañadora da sexta edición do noso concurso fotográfico “Outra Vaca No Millo”, con 246 votos. Nos próximos días, poñerémonos en contacto con ela para facerlle chegar o seu premio, composto polo trofeo Vaca Pinta e un lote de produtos de Vaca Shop. ¡Parabéns!

O concurso, aberto a todos, permitiu aos participantes enviar un máximo de seis fotografías sobre a temática proposta. En total, recibimos 164 candidaturas a través de Facebook, WhatsApp ou por correo electrónico, que se publicaron nun álbum de Facebook para a votación. Grazas a todas as persoas participantes!