A Fundación Caixa Rural Galega TNV convoca bolsas para estudos de posgrao nos ámbitos agroalimentario e forestal

A Fundación Caixa Rural Galega TNV convoca bolsas para estudos de posgrao nos ámbitos agroalimentario e forestal

A Fundación Caixa Rural Galega Tomás Notario Vacas acaba de convocar as súas dúas primeiras bolsas para o curso 2022/23 sobre estudos de posgrao nos ámbitos agroalimentario e forestal dotadas cun máximo de 40.000 euros cada unha, que poderán destinarse a matrícula e estancia.

As bases da convocatoria así como o formulario de solicitude poden consultarse nestas ligazóns ou no apartado Fundación CRG TNV da web www.caixaruralgalega.gal.

A documentación requirida poderá ser enviada á dirección info@fundacioncruralnotario.gal ou remitida por correo postal á Fundación Caixa Rural Galega Tomás Notario Vacas, R/ Montero Ríos, 24-26, 27002 Lugo.

Obxectivos da Fundación

A finais de 2021, a iniciativa de Tomás Notario Vacas e Caixa Rural Galega, nace a Fundación Caixa Rural Galega Tomás Notario Vacas, co propósito de contribuír e promover a actividade educativa e de investigación en todos os ámbitos científicos, culturais e educativos, con especial dedicación aos estudos de agroalimentación, veterinaria e forestal.

En definitiva, o fin que persigue a Fundación é a procura da educación, con especial atención aos estudos superiores, en aras de conseguir a excelencia e a especialización en ámbitos que podan reverter na mellora das actividades produtivas e, por extensión, ao progreso económico e social de Galicia.