A bolsa da I Edición do Programa de Estudos de Posgrao da Fundación Caixa Rural Galega Tomás Notario Vacas foi entregada a Alexandre Rico pola súa excelencia académica. O meirense, que recibirá unha contía de 40.000 €, foi seleccionado para estudar un máster en Medicina Preventiva Veterinaria impartido pola Universidade de California, en Davis.
O presidente da Fundación, Tomás Notario Vacas, e o presidente de Caixa Rural Galega, Manuel Varela, fixeron a entrega oficial da primeira credencial de bolseiro na sede central da entidade en presenza dos membros do padroado da Fundación e a familia do galardoado. Notario felicitou a Rico destacando a súa condición de primeiro bolseiro da Fundación, ademais da súa satisfacción pola idoneidade do alumno elixido e a finalidade dos estudos que cursará.