A Federación Frisona Galega, en colaboración co Club de Mozos Gandeiros de Galicia, puxo en marcha este verán unha nova edición da Escola Iniciación de Futuros Gandeiros. Esta celebrouse durante toda a semana na Finca Mouriscade, de Lalín, do 10 ao 14 de xullo. Participaron mozos e mozas con idade comprendida entre os 8 e os 17 anos. Esta mañá tivo lugar o acto de clausura.