A III Escola Iniciación de Futuros Gandeiros rematou hoxe cun acto de clausura

A III Escola Iniciación de Futuros Gandeiros rematou hoxe cun acto de clausura

Tras o éxito das I e II Escola Iniciación de Futuros Gandeiros, a Federación Frisona Galega (Fefriga), en colaboración co Clube de Xóvenes Gandeiros de Galicia, decidiu poñer en marcha estes días unha terceira edición, dirixida a mozos e mozas con idades comprendidas ente os 8 e os 17 anos.

Esta deu comezo o día 1 de setembro en Finca Mouriscade, en Lalín, e chegou hoxe ao seu fin tras o acto de clausura, que incluía a celebración dun concurso de manexo amigable para todos os participantes e entrega de premios.