A Federación Nacional de Industrias Lácteas (Fenil) aclara que o abastecemento de lácteos en España non corre perigo. A Fenil, que representa a máis de 60 empresas do sector transformadoras do 95 % da produción nacional de alimentos lácteos, quixo poñer luz sobre este asunto debido ás afirmacións aparecidas recentemente nalgúns medios de comunicación sobre un suposto desabastecemento de leite no mercado.
A este respecto, tamén recorda o firme compromiso da industria láctea nacional co sector gandeiro español e fai un chamamento á responsabilidade para evitar trasladarlle á opinión pública mensaxes que non se axustan á realidade e que poden xerar inquietudes inxustificadas.