A industria láctea propón ás administracións dez medidas para garantir a subministración de materia prima e o futuro do sector

A industria láctea propón ás administracións dez medidas para garantir a subministración de materia prima e o futuro do sector

A Federación Nacional de Industrias Lácteas (Fenil), entidade que agrupa a 60 empresas que transforman o 95 % do leite producido en España, presentou un programa de dez propostas para garantir o futuro do sector lácteo no noso país e asegurar a subministración da súa principal materia prima, o leite de orixe español.

O director de Fenil, Luis Calabozo, asegurou hoxe durante a presentación do documento que as propostas da federación "buscan impulsar non só a actividade da industria transformadora, senón de toda a cadea do sector, desde a granxa aos fogares españois". Tamén destaca que "o principal reto que afronta o sector é asegurar a subministración da nosa materia prima, o leite de orixe nacional. Propoñemos estas medidas para garantir o futuro da industria láctea española e a súa aportación á nutrición saudable, a economía, o emprego e a fixación da poboación ás áreas rurais".

As medidas son garantir o volume suficiente de produción e aprovisionamento de leche cru; asegurar unha remuneración xusta a todos os eslabóns da cadea; promover o relevo xeracional no sector gandeiro de leite; poñer en valor o aporte nutricional dos produtos lácteos como alimentos esenciais necesarios; crear as condicións que garantan o atractivo do medio rural e do sector lácteo; priorizar as condicións que aseguren a competitividade dos eslabóns da cadea; establecer criterios realistas sobre os distintos modelos das granxas; aplicar o mellor tratamento regulatorio e fiscal aos produtos lácteos; adaptar os perfís nutricionais da OMS ás tradicións, hábitos alimentarios, necesidades e patróns da dieta de cada país e harmonizar e axustar os criterios das iniciativas regulatorias medioambientais europeas, estatais e autonómicas.