Perigo de colapso de ganderías e fabricantes e de desabastecemento de produtos lácteos ante a folga de transportes

Perigo de colapso de ganderías e fabricantes e de desabastecemento de produtos lácteos ante a folga de transportes

A Organización Interprofesional Láctea (InLac) advirte de que, nun momento no que sector atravesa xa de seu enormes dificultades, a folga de transportes e o bloqueo de estradas está a ter efectos moi negativos no lácteo e fai unha chamada “ao diálogo e á responsabilidade” para atopar unha saída ao conflito. “A interrupción na circulación de camións está a poñer en perigo a subministración de pensos ás granxas, de embalaxes e materiais ás plantas de produción e a saída de leite e outros produtos lácteos terminados cara aos supermercados”, expoñen.

Así mesmo, sinalan que o leite, como alimento moi perecedoiro, necesita ser recollido e tratado diariamente, actividades que se están vendo seriamente afectadas. “Os camións con pensos de alimentación para o gando e outras subministracións non poden entrar en moitas granxas mentres e, ademais, os fabricantes están a ver afectada a súa rede de provisións de materiais para o envasado e a saída de produtos cara aos lineais ao quedar interrompido o tránsito en amplas zonas do estado español”, relatan.

“O sector lácteo comparte o impacto pola subida imparable do combustible e respecta ao dereito á folga, pero chama á responsabilidade de todos para non paralizar o sector lácteo nin provocar o seu colapso”, recalcan, ao tempo de lembran que os produtos lácteos son esenciais e que poñelos a disposición da cidadanía é básico.