A InLac e a Xunta impulsan o fomento do consumo de leite e dos seus derivados coa marca Origen España

A InLac e a Xunta impulsan o fomento do consumo de leite e dos seus derivados coa marca Origen España

O conselleiro do Medio Rural, José González, acompañado do director xeral de Gandería, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, mantivo hoxe unha reunión co presidente da Interprofesional Láctea (InLac), Daniel Ferreiro.

No transcurso da reunión repasaron a situación e perspectivas de futuro do sector leiteiro tanto no ámbito internacional coma no nacional e no galego. Os representantes da Xunta incidiron no papel protagonista de Galicia neste eido, debido a que esta comunidade é referente na produción de leite e acumula arredor do 42 % do total nacional.

Así mesmo, no encontro avanzouse no impulso do sector e na posta en marcha por parte da InLac dunha campaña para fomentar o consumo do leite e dos seus derivados. Polo tanto, ínstase a esta entidade a desenvolver esta acción promocional coa finalidade de incentivar entre a poboación en xeral o consumo de leite producido no noso país e amparado pola marca Origen España, tanto pola súa calidade e as súas vantaxes para a saúde como pola importancia que ten este sector produtivo no rural nacional en xeral e, de maneira moi específica, no galego.