A edición de 2025 da Xornada Africor Lugo-Vaca Pinta xa ten data de celebración: será o martes 25 de febreiro no auditorio da Facultade de Veterinaria de Lugo. Nesta ocasión, os temas centrais da reunión abordarán algúns dos retos máis actuais para o sector gandeiro, cunha especial atención aos desafíos dos veterinarios nas granxas.
Entre os asuntos destacados, tratarase o uso práctico da identificación electrónica, unha ferramenta clave para a mellora da xestión e o control do gando. Ademais, analizarase a aplicación das probas xenómicas en Cataluña. Outro dos puntos de interese será a presentación das técnicas desenvolvidas polo Ligal na loita contra as mastites, unha enfermidade de gran impacto na produción leiteira. Finalmente, ofrecerase unha actualización sobre os ensaios de millo forraxeiro en Galicia e Asturias, unha información fundamental para optimizar a alimentación do gando e garantir unha produción sostible.
10.30 h | Técnicas dispoñibles no Ligal para a loita contra a mamite
Belén Pombo (Ligal)
11.15 h | Xestión financeira eficiente
Jesús Combarro (Abanca)
11.30 h | Pausa para o café
12.00h | Utilización das probas xenómicas en Cataluña. Aplicación práctica en Agropecuaria Can Barrina SL
Rita Casals (FEFRIC) e Eduard Vila (xerente da granxa)
12.45 h | Todo comeza cunha conexión: usos prácticos da identificación electrónica en granxa
Carlos Carbonell (MSD Animal Health)
13.30 h | Mesa redonda e quenda de preguntas
14.00 h | Xantar
15.30 h | Mesa redonda: desafíos dos veterinarios nas granxas, presente e futuro
Fermín Rico (Centro Veterinario Meira)
Román González (SAT Prolesa)
Roi Capón (Cooperativa Aira)
Juan Rodríguez (Xunta de Galicia)
Moderador: Ramiro Fouz
16.30 h | Ensaios de millo forraxeiro en Galicia e Asturias
María Bande (CIAM) e Adela Martínez (Principado de Asturias)