A xornada "Retos do sector lácteo" de PROePLA chega o 25 de outubro

A xornada "Retos do sector lácteo" de PROePLA chega o 25 de outubro

O grupo de investigación de Proxectos e Planificación (PROePLA) do Campus Terra da USC celebrará o mércores 25 de outubro no salón de actos da EPS de Lugo a xornada "Retos do sector lácteo", un foro aberto no que diversos relatores abordarán o futuro das explotacións de vacún de leite de Galicia desde diferentes ópticas: finaciamiento, sustentabilidade, produción e innovación.

O encontro comezará ás 9:30 horas coa intervención de Jesús Combarro, director de Banca Sectorial de Abanca, que se centrará nos retos para o finaciamiento. A continuación chegará a quenda do enxeñeiro agrónomo e responsable de produto de Egais da multinacional Alltech, Henrique Prado, quen abordará os retos para a sustentabilidade. Posteriormente, Rubén de Castro, director técnico de Aresa, explicará cales son os retos para a produción. O acto chegará ao seu fin con Mario Rouco, enxeñeiro agrónomo en Innogando, que afondará nos retos para a innovación. 

As xornadas continuarán pola tarde na Granxa Gayoso Castro, onde os asistentes poderán ver as modernas instalacións das que dispoñen da man da directora da gandería, Sonia Verdes. O público tamén poderá asistir a sesións de demostración dos equipos de Innogando.