A sección de tv da nosa web recolle en vídeo os relatorios que tiveron lugar na xornada sobre os últimos avances do CIAM para a produción de leite cos vídeos. A sesión celebrouse o 19 de maio no centro de investigacións, situado en Mabegondo.
No evento estiveron Abelardo Nimo Silva, director do CIAM, encargado de abrir a xornada e os investigadores César Resch Zafra, quen ofreceu os resultados WP7 do proxecto Dairy for Future; Gonzalo Flores Calvete, que presentou unha nova tecnoloxía para a trazabilidade de leite de vaca en Galicia; Marcos Veiga López, que falou sobre a caracterización do leite de pastoreo, e Adrián Botana, quen expuxo a sustentabilidade dos diferentes sistemas de produción de leite en Galicia.