A Xornada Técnica de Africor Lugo e Vaca Pinta, mañá en Lugo

A Xornada Técnica de Africor Lugo e Vaca Pinta, mañá en Lugo
  • A nova PAC, o manexo na actualidade e as demandas da industria serán temas clave do encontro.
  • O programa das charlas dará comezo ás 10:30 horas.

A tradicional xornada técnica organizada por Africor Lugo e a revista Vaca Pinta sobre temas de actualidade do sector vacún leiteiro non falla á súa cita anual e terá lugar mañá, 28 de febreiro, no auditorio da Facultade de Veterinaria de Lugo. 

Os relatores desta edición poñerán o foco en temáticas como a nova PAC, o manexo de granxas na actualidade, as demandas da industria, as posibilidades da monitorización e as novas tecnoloxías na gandería.

A continuación, enumeramos o programa completo do encontro, que será inaugurado ás 16:00 h polo director xeral de Gandería, Agricultura e Industrias Agroalimentarias da Consellería do Medio Rural, José Balseiros; o deputado de Recursos Sostibles da Deputación de Lugo, Roberto Fernández; o decano da Facultade de Veterinaria, Gonzalo Fernández, e o presidente de Africor Lugo, Manuel Sandamil.

10.30 h | Situación actual do agroseguro en Galicia

José Bernardo, Agroseguro

 

11.00 h | Consultorio sobre a nova PAC

Celso Sevillano, Servizo de Axudas Gandeiras da PAC (Fogga)

 

11.45 h | Alternativas para a financiación de circulante

Jesús Combarro, Abanca

 

12.00 h | Descanso para café

 

12.30 h | Granxas e manexo no século XXI: novidades sobre o calostro

Susana Astiz, INIA

 

13.00 h | Como as novas tecnoloxías nos axudan á monitorización. Un exemplo, a cetose

Guillermo Lorenzo, Veterinaria Integral Galega

 

13.30 h | Monitorización animal, cambiando o rumbo cara a granxas de leite máis eficientes e cunha mellor calidade de vida

Juan Pedro Campillo, MSD

 

14.00 h | Quenda de preguntas

 

14.30 h | Comida

 

15.30 h | Perspectivas de futuro do mercado lácteo

Francisco Sineiro e Jorge Santiso, USC

 

16.00 h | Inauguración

José Balseiros, director xeral de Gandería, Agricultura e Industrias Agroalimentarias da Consellería do Medio Rural

Roberto Fernández, deputado de Recursos Sostibles da Deputación de Lugo

Gonzalo Fernández, decano da Facultade de Veterinaria

Manuel Sandamil, presidente de Africor Lugo

 

16.30 h | Que nos vai demandar a industria no futuro?

Mesa redonda coas intervencións de:

Carmen Lence, Grupo Lence

Antonio Larrea, Covap

Ignacio Quintanilla, Leche Gaza

Benigno Pereira, Queixerías Bama

Modera: Xoán Ramón Alvite