- O tradicional encontro técnico organizado por Africor Lugo e a revista Vaca Pinta non falla á súa cita anual e este ano volverá a celebrarse no auditorio da Facultade de Veterinaria de Lugo.
- O programa das charlas dará comezo ás 10:30 horas.
13.06.2022. Africor Lugo e Vaca Pinta organizan un ano máis as súas xornadas técnicas, as cales regresan ao formato presencial. A cita será mañá, 14 de xuño, no auditorio da Facultade de Veterinaria de Lugo.
Unha decena de relatores dan forma a esta edición que poñerá o foco en temáticas como o estrés por calor, o uso responsable de antibióticos, a pegada de carbono ou o manexo dos datos en granxa.
A continuación, enumeramos o programa completo do encontro, que será inaugurado ás 13:30 h polo conselleiro do Medio Rural, José González; o deputado de Recursos Sostibles da Deputación de Lugo, Roberto Fernández; o decano da Facultade de Veterinaria, Gonzalo Fernández, e o presidente do Colexio de Veterinarios de Lugo, José Luis Benedito.
10.30 h | Instalacións e medios para mitigar os efectos da calor e a importancia do uso de medios de monitorización
Israel Flamenbaum, Cow Cooling Solutions, Ltd. Israel
11.00 h | A nova normativa de uso responsable de antibióticos
Gerardo Rivero, xefe do Servizo de Seguridade Alimentaria nas Producións Gandeiras, Xunta de Galicia
11.30 h |Descanso para o café
12.00 h | O secado selectivo e o novo marco contexto de uso de antibióticos
Luis Miguel Jiménez, veterinario de Servet Talavera
12.30 h | A pegada de carbono, ferramenta de xestión das explotación leiteiras da cornixa cantábrica
Gregorio Salcedo, investigador do CIFP La Granja (Cantabria)
13.00 h | O estrés por calor e a súa influencia na produción e fertilidade das vacas en climas húmidos como en Galicia
Israel Flamenbaum, Cow Cooling Solutions, Ltd. Israel
13.30 h | Inauguración
José Gonzalez, conselleiro do Medio Rural
Roberto Fernández, deputado de Recursos Sostibles da Deputación de Lugo
Gonzalo Fernández, decano da Facultade de Veterinaria
José Luis Benedito, presidente do Colexio de Veterinarios de Lugo
13.40 h | Principais liñas vixentes de axudas financeiras para o sector
Jesús Combarro, director de Abanca Agro
13.40 h |Quenda de preguntas
14.00 h |Comida
15.30 h | Manexo da transición: importancia na redución da patoloxía e tratamentos
Rodrigo García, DVM, PhD International Ruminant Nutrition Manager en TechMix Europe
16.00 h | Ácidos graxos no leite: que sabemos da experiencia en Galicia
Juan Cainzos, Senior Sales Manager en ABS España
16.30 h | Como a integración de información nos axuda no campo
Xosé Ramón Botana, veterinario de AIRA SCG
17.00 h | Traballar ou non con monitorización, unha experiencia real
Manuel Candamio, gandeiro de Finca Cabreira (Irixoa, A Coruña)