A Memoria Africor Coruña 2021, xa dispoñible on-line

Xa podedes consultar en formato dixital a Memoria correspondente a 2021 da Asociación Provincial de Criadores de Frisón da Coruña para o Control Oficial de Rendementos. Esta publicación, de carácter anual, recolle en 12 capítulos e 124 páxinas os datos recompilados dun ano que, tal como eles mesmos lembran na súa introdución, "veu marcado por ser o ano poscovid e no que fomos volvendo pouco a pouco á normalidade".

Entre as cifras máis sobresaíntes, apuntan a media de produción por vaca, que acadou os 11.117 kg de leite, fronte á cifra de hai unha década, que era de 9.522. A principal novidade é a incorporación no mes de xullo dese ano de tres parámetros novos que serán moi útiles nas granxas: BHB, urea e ácidos graxos.

Memoria completa