A Asociación para o Control Leiteiro de Lugo, Africor Lugo vén de sacar á luz a súa Memoria de actividades correspondente ao ano 2022, no que se reflicte o labor desenvolvido por esta entidade.
Esta publicación, de carácter anual, recompila e destaca os méritos das principais explotacións no seu traballo como criadores e produtores de leite da provincia lucense e, así mesmo, entre outros contidos, ofrece un percorrido polas principais actividades da asociación, como a celebración da XornadaTécnica para a Produción de Leite, en colaboración con Vaca Pinta, ou as poxas e concursos de gando que se levaron a cabo co obxectivo de promover o sector.