A Moexmu abre as inscricións de gando e reserva de stands para a súa 41.ª edición

A Moexmu abre as inscricións de gando e reserva de stands para a súa 41.ª edición

A comisión organizadora da XLI edición da Mostra Exposición de Muimenta (Moexmu), encabezada pola súa presidenta, Ana Iglesias, e o seu xerente, José Manuel Rus, abre o prazo para participar nas diferentes actividades do evento, que se celebrará a primeira fin de semana de abril (4, 5 e 6).

Por unha banda, xa se poden apuntar os animais e as ganderías no XXXIX Concurso de Gando Frisón, na XXXIX Exposición de Gando de Raza Rubia Galega, na XXIX Subasta de Gando Selecto, no XXIV Concurso de Xóvenes Manexadores e no IV Concurso de Xóvenes Peladores. Este proceso realízase a través de Africor Lugo no seguinte número de teléfono: 982 250 714.

Por outra banda, a reserva de stands e parcelas para os diferentes expositores xestiónase a través da organización. Esta solicitude pode realizarse na dirección de correo electrónico moexmu@gmail.com ou no teléfono: 982 504 002 (con atención preferente en horario de tarde).

A maiores, está aberto o prazo para participar no VII Monográfico de Can de Palleiro a través de candepalleiro@clubcandepalleiro.com.