O comité da Mostra Exposición de Muimenta (Moexmu) avanza na organización do programa da próxima edición, que terá lugar os días 4, 5 e 6 de abril de 2025. Unha cita destacada no calendario de preparativos é a reunión de traballo que terá lugar este sábado 16 de novembro. Neste encontro, no que participarán membros de Africor Lugo e a maioría dos gandeiros que participaron no Concurso deste ano, trataranse aspectos clave para a preparación do que se considera o único concurso de gando que se mantén vivo na provincia de Lugo.
Tamén están convidados a esta reunión representantes de Acruga, da Xunta de Galicia en Lugo, da Deputación Provincial de Lugo, ademais do alcalde de Cospeito, Armando Castosa, e un concelleiro de cada grupo municipal con representación no consistorio. A comisión organizadora deste ano, a número cinco, actuará como anfitrioa do evento.
A XLI Moemxu acollerá actividades tradicionais como a XLI Mostra Exposición, o XXXIX Concurso de Gando Frisón, a XXXIX Exposición de Gando de Raza Rubia Galega, a XXIX Poxa de Gando Selecto, o XXIV Concurso de Xóvenes Manexadores e o IV Concurso de Xóvenes Preparadores de Gando.