A Moexmu presenta os carteis da súa vindeira edición

A Moexmu presenta os carteis da súa vindeira edición

Os días 4, 5 e 6 de abril celebrarase a 41.ª edición da Mostra Exposición de Muimenta (Moexmu) no recinto feiral Manuel Vila da localidade. Os organizadores xa fixeron públicos os carteis da nova edición, deseñados por Paula Francos Anllo. Ambos manteñen a mesma liña, coherencia e discurso gráficos, para que sexa sinxelo asocialos entre si.

Estes novos carteis comparten unha disposición que evoca movemento e dinamismo a través dunha figura central que camiña con certo orgullo por esta feira, facendo alusión ao estreado camiño do recinto. As flores mecánicas que compoñen ambas escenas transmiten ledicia e fan referencia ao campo simbolizando a unión entre a natureza e a tecnoloxía no mundo rural moderno.

Durante o evento levarase a cabo o XXXIX Concurso de Gando Frisón da Moexmu, a XXXIX Exposición de Raza Rubia Galega e a XXIX Poxa de Gando Selecto.