da comezo unha nova edición de GandAgro

da comezo unha nova edición de GandAgro

Esta mañá Silleda (Pontevedra) empezou a recibir aos primeiros asistentes da IV Feira Profesional de Maquinaria, Agricultura e Gandería. Neste primeiro día, xa se poden visitar os diversos stands e acudir ás diferentes xornadas técnicas, concursos, demostracións e entregas de premios programados.

O XIV Concurso Internacional de Novos Preparadores de Gaado "GandAgro 2023" será o venres pola mañá, de 11:00 a 14:00 h. A cita continúa esa mesma tarde, co XXXVI Concurso Internacional de Novos Manexadores "Memorial Luis Louzao".

O prato forte chega o último día da xornada, cos concursos da raza frisona GandAgro 2023. Pola mañá, de 10:00 a 14:00 horas, o xuíz Brian Carscadden (Canadá) fará a valoración das seccións xatas e xovencas. Xa pola tarde, de 15:30 a 19:00 horas, terá lugar o xulgamento das seccións de vacas en lactación, campionatos e grupos.