Hai uns minutos, o xuíz Pol Collell sinalou o exemplar Rey 1174 Thunderstorm Holy, unha xovenca propiedade da SAT Rey de Miñotelo, como xovenca gran campiona de Galicia do Concurso Autonómico da Raza Frisona Fefriga 2024.
Un cento de animais da comunidade galega participan nesta nova edición do certame, que se celebra no marco da feira sectorial de Santa Comba (A Coruña). Esta tarde, ás 15:30 horas, retomarase o concurso coa valoración das seccións de vacas.