A segunda edición da poxa de Mouriscade, o martes 2 de abril

A segunda edición da poxa de Mouriscade, o martes 2 de abril

Finca Mouriscade (Lalín, Pontevedra) celebrará a súa segunda poxa de gando frisón o próximo martes 2 de abril ás 11:00 horas.

Para poder participar nela, é imprescindible a inscrición a través da sede electrónica (prazo aberto ata o 11 de marzo). Deben adxuntarse o modelo de inscrición previa, a declaración responsable e a acreditación da personalidade, xa sexa mediante o documento nacional de identidade (no caso de persoas físicas) ou a escritura de constitución inscrita no rexistro correspondente (no caso de persoas xurídicas). Tamén se esixe a acreditación de estar inscritos no Rexistro Xeral de Explotacións Gandeiros (REGA).