A segunda sesión das XXI Xornadas Técnicas de Vacún de Leite de Seragro expuxo as últimas novidades en tecnoloxía, forraxes e xestión de persoal

A segunda sesión das XXI Xornadas Técnicas de Vacún de Leite de Seragro expuxo as últimas novidades en tecnoloxía, forraxes e xestión de persoal
  • O tradicional brinde do leite puxo fin á vixésimo primeira edición do congreso.

Gandeiros, veterinarios e demais profesionais do sector reuníronse este xoves e venres na Facultade de Veterinaria de Lugo para asistir ao foro técnico que organiza cada ano por estas datas a cooperativa Seragro.

Neste segundo día, a cita comezou coa gandeira Quiara Pardiñas, da Gandeiría O Palomar (Láncara), quen detallou a iniciativa de visitas guiadas para nenos que levan a cabo na súa granxa.

A partir das 10:30 h iniciouse unha análise en profundidade sobre as últimas tendencias en tecnoloxía e robotización. O veterinario Álex Bach explicou as ferramentas para tomar decisións en explotacións leiteiras. Posteriormente, a experta en recría Carolina Tejero pormenorizou na monitorización da saúde dos futuros animais produtores.

Logo da pausa pausa o café, o veterinario e asesor de explotacións David García Torres sacoulle proveito aos datos para maximizar o potencial dos robots na xestión da granxa. Antes do xantar, a veterinaria de Seragro Noelia Mourazos profundizou na saúde do ubre.

Pola tarde, foi a quenda da xestión das forraxes. Primeiro, o enxeñeiro agrónomo Lluis Xanxo-Doria falou da importancia da planificación agronómica, explicando as razóns polas que, a mellora da calidade do ensilado permite acadar unha alta eficiencia leiteira. A continuación, dous gandeiros de Boimorto contaron a súa experiencia coa alfalfa: José Manuel Sánchez de Agrociocende, abordou o seu cultivo por primeira vez; e Laura Seoane de Ugasma, presentou os seus resultados tras máis de dez anos traballando con esta planta.

O bloque de conferencias pechouno Sebastián Martín, doutor en veterinaria e consultor, quen presentou a súa exposición titulada: “El éxito del ganadero con G de jefe”.

A vixésima primeira edición das Xornadas de Seragro chegou a súa fin co acto de clausura, que consistiu no brinde do leite, unha homenaxe “a un produto clave no desenvolvemento económico e social de Galicia”, concluíron dende a organización.