O martes 30 de novembro, a Fundación Española para o Desenvolvemento da Nutrición Animal (Fedna) e a Asociación Nacional de Especialistas en Medicina Bovina (Anembe) ofrecerán de maneira conxunta a sexta edición das súas xornadas sobre nutrición en rumiantes. Será no auditorio Fundación Pablo VI, en Madrid, a partir das 14:00 horas, e será posible asistir de maneira física e virtual.
Tras a presentación, a cargo de Joaquín Ranz (presidente de Anembe), os expertos Vicente Jimeno (Universidade Politécnica de Madrid), Bill Weiss (Ohio State University), Jim Drackley (University of Illinois) e Sergio Calsamiglia (Universidad Autónoma de Barcelona) ofrecerán unha serie de relatorios centrados nos aspectos fundamentais da nutrición no vacún.