A poxa de Ordes acada un prezo medio de vendas de 3.478 euros

A poxa de Ordes acada un prezo medio de vendas de 3.478 euros

Esta mañá, Africor Coruña, en colaboración co Concello de Ordes, celebrou en Mesón do Vento a cuarta edición da poxa de gando frisón do municipio. Nesta ocasión, o animal sobre estas liñas, G.Dubra S.C. Webster 724, foi o exemplar mellor valorado: foi adquirido pola gandería de José Ramón Carballeiro Becerra (Tordoia, A Coruña) por 4.400 euros. 

Para esta edición, contouse coa saída a poxa de 9 vacas de 6 ganderías da provincia. Conseguiuse dar saída a todos os animais poxados e o volume de vendas ascendeu  31.300 euros, cun precio medio de  3.478 euros.

Resultados completos: