A tiraxe anual de Vaca Pinta, certificada por quinto ano consecutivo

Vaca Pinta, a revista técnica do vacún leiteiro, certifica de maneira oficial a súa tiraxe correspondente a 2022. É o quinto ano consecutivo que acreditamos a nosa tiraxe e en 2022 oinforme rexistra unha media de 16.362 exemplares por número, que se distribúen entre gandeiros, veterinarios, técnicos, casas comerciais e demais profesionais do sector vacún leiteiro de España e Portugal tanto por correo postal como a través de asociacións e cooperativas coas que colaboramos. A entidade oficial encargada de realizar as auditorías de audiencia OJD, para medios de pago, e PGD, para medios gratuítos, é Información y Control de Publicaciones SA.

Só dúas revistas do sector agrogandeiro certifican a súa tiraxe. Un delas é Vaca Pinta e a outra é Albéitar, dirixida a técnicos veterinarios de produción animal.



ESTAMOS ONDE TEMOS QUE ESTAR. CHEGAMOS ONDE TEMOS QUE CHEGAR

Durante 2022 continuamos potenciando a nosa presenza on-line. As nosas plataformas convértennos no medio de comunicación referente do sector vacún de leite na península ibérica, tanto pola calidade do contido como pola diversidade de formatos ofrecidos. Así o referendan os nosos lectores, seguidores e anunciantes.

No noso empeño por traballar coa máxima transparencia cos nosos lectores e os nosos anunciantes, aproveitamos a ocasión para compartir os últimos datos dos distintos soportes que compoñen Vaca Pinta:

Edición impresa da revista: 16.362 exemplares de media por número en 2022 
Páxina web (vacapinta.com): 213.964 usuarios únicos con 641.535 páxinas vistas (2022)
Facebook (@revistavacapinta): 26.502 seguidores
Instagram
(@transmedia.vacatv): 2.050 seguidores
Twitter
(@VacaPinta_): 1.691 seguidores
YouTube
(Vaca TV - Transmedia): 4.130 subscritores
Linkedin
(Revista Vaca Pinta): 2.397 seguidores
Reproducións de vídeo: 315.959
 durante 2022
Newsletter: envío bimensual a máis de 2.000 persoas

UN EQUIPO MULTIDISCIPLINAR PARA UN CONTIDO DA MÁXIMA CALIDADE

O noso persoal está specializado e preparado para responder ás necesidades multiplataforma dos nosos clientes. Ofrecer un contido completo e da máxima calidade é o noso obxectivo principal e, para iso, estamos orgullosos de rodearnos dunha ampla carteira de colaboradores referentes no sector, da man dos que abordamos todos os temas técnicos claves do vacún leiteiro (alimentación, benestar animal, manexo, sanidade, recría, xenética, reprodución, agricultura, maquinaria...) e presentamos as valoracións máis detalladas respecto das últimas novidades. Estamos a pé de granxa e alí onde se requiren os nosos servizos. Realizamos reportaxes en explotacións e entrevistas, damos cobertura a feiras, xornadas, concursos e poxas de gando e as empresas líderes do sector confían nos nosos soportes para presentar os seus últimos lanzamentos.