A granxa El Soler de n'Hug, en Prats de Lluçanès (Barcelona), seleccionou de maneira natural xunto coa Granja Torre d'en Roca un rabaño que xera exclusivamente leite A2. Tras dous anos de traballo conxunto e cos obxectivos de buscar un atributo diferenciador e dar un valor engadido ao leite fresco, a Granja Torre d'en Roca, obradoiro lácteo artesá, conseguiu a certificación de Aenor de Leite Beta Caseína A2, a cal, segundo estudos recentes, confire unha mellor dixestibilidade ao leite e aos produtos nos que está presente.
El Soler de n'Hug conta actualmente con 60 vacas en muxido, cunha media de produción de 28-30 litros diarios por exemplar. Con respecto á calidade do leite, os promedios do último trimestre foron dun 3,59 % de graxa e 3,32 % de proteína. Desde a explotación explican que non utilizan soia na comida das vacas, debido a que priorizan unha alimentación máis sustentable con colza de campos que se sitúan nun predio preto da gandería. Na explotación hai razas cruzadas, Montbéliarde e Fleckvieh.
Os aspectos que máis lles motivou para iniciar a súa conversión cara o leite A2 foron a preocupación polo relevo xeracional do sector primario e a necesidade de dinamizar o consumo de produtos elaborados no seu territorio.
O certificado Leite A2 de Aenor foi entregado a Josep María Boch, xerente de Granja Torre d'en Roca, por Ángel Luis Sánchez, director de Agroalimentario, Consumo e Distribución de Aenor, no marco dunha mesa redonda celebrada na Feira Lactium de Vic. A partir da semana que vén poderase encontrar leite fresco A2 da marca La Torre e unha gama de lácteos elaborados con este leite, o cal procede de El Soler de n'Hug, en multitude de tendas de alimentación de proximidade de Cataluña.