A última Hora del Robot repasará os temas centrais de todas as sesións

A última Hora del Robot repasará os temas centrais de todas as sesións

Mañá ás 13:00 emitirase o sétimo e último capítulo da primeira edición de La Hora do Robot, o coloquio online bimensual para resolver dúbidas sobre os robots de muxido organizado por Hipra. A modo de clausura, Antonio Souto (Hipra), quen exerceu de moderador ao longo de todas as sesións, fará un repaso polos principais temas tratados en cada unha das emisións. Todo o evento poderá seguirse en directo a través da web e da páxina de Facebook de Vaca Pinta.