A vaca gran campiona de Gandagro 2025 é Kergo Ozalid 6818

A vaca gran campiona de Gandagro 2025 é Kergo Ozalid 6818

Kergo Ozalid 6818, da gandería A Lagoa Serabel (Xermade, Lugo), recibiu a palmada da vitoria por parte do xuíz de Suiza Marcel Egli no Open de frisón Gandagro 2025. Por outra parte, o título de gran campiona de Galicia levouno Pozosaa Krusader 9450 Xela, da gandería Casa Pozo (Lugo).

O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, clausurou o evento xunto coa Conselleira de Medio Rural, María José Gómez. O certame desenvolveuse ao longo do sábado no recinto Feira Internacional de Galicia Abanca (Silleda, Pontevedra).