A web do FOGGA conta cun apartado dedicado ao novo período da PAC

A web do FOGGA conta cun apartado dedicado ao novo período da PAC

O Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA) lanza un novo apartado na súa web dedicado ao novo período de programación da PAC, que corresponde a 2023-2027. Desta maneira, os usuarios poden atopar información útil tanto dos procedementos de cada unha das axudas como das súas novidades.

Este portal conta con toda a información relativa ás axudas directas e outro punto específico coas achegas financiadas con fondos FEADER. Ademais, dispón dun resumo por uso de todas as parcelas galegas no apartado SIXPAC e Monitorización, e tamén se inclúe información sobre os controis de campo que realiza o FOGGA, organismo dependente da Consellería do Medio Rural. Así mesmo, inclúese un mapa interactivo de Galicia por concellos que permite consultar os importes das axudas PAC das últimas campañas, das superficies por usos do terreo e da produción de leite.