A Xunta aproba as axudas de 2020 para plans de mellora e incorporación de mozas á actividade agraria

A Xunta aproba as axudas de 2020 para plans de mellora e incorporación de mozas á actividade agraria

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica a resolución da Consellería do Medio Rural pola que se resolven as axudas de 2020 para o apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas, para a creación de pequenas explotacións, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) no marco do PDR de Galicia 2014-2020. Así, un total de 1.206 agricultores e gandeiros beneficiáronse dun total de 43,25 millóns de euros.

No caso de investimentos en explotacións agrarias, aprobáronse 715 solicitudes cun importe de 29,76 millóns de euros. No apartado destinado aos mozos, un total de 278 se incorporaron á actividade agraria grazas a estas subvencións. Todas as solicitudes que cumpriron os requisitos sumaron 10,3 millóns de euros, cos que se garante a substitución xeracional no campo. Con respecto ás axudas específicas para pequenas explotacións, na convocatoria 2020 beneficiáronse un total de 213 granxas cun montante total de 3,19 millóns de euros.

Consulta a lista de beneficiarios