O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica a orde da Consellería do Medio Rural pola que se convocan as axudas de compensacións complementarias e para a reposición dos animais en explotacións de gando bovino, ovino e caprino, como consecuencia do sacrificio obrigatorio de gando en execución de programas oficiais de erradicación de enfermidades. Estas subvencións contan cun orzamento de 125.000 euros.
Esta orde regula dous procedementos que están dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia e que se corresponden con dous períodos de tempo nas axudas complementarias en explotacións no período que non se permite a incorporación de novos animais (baleiro). En segundo, coas subvencións de compensacións complementarias en explotacións no período desde que se autoriza a incorporación de novos animais, ata que esta se faga efectiva (postautorización).
Tamén se contemplan as axudas destinadas á compra de animais das especies bovina, ovina e caprina que teña por obxecto a reposición de efectivos tras o sacrificio de animais despois do diagnóstico dunha enfermidade sometida a un programa ou a unha actuación sanitaria oficial de vixilancia, loita, control ou erradicación.