A Xunta convoca as axudas para as agrupacións de defensa sanitaria gandeiras

A Xunta convoca as axudas para as agrupacións de defensa sanitaria gandeiras

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica a orde da Consellería do Medio Rural pola que se establecen as bases reguladoras das axudas ás entidades recoñecidas como agrupacións de defensa sanitaria gandeiras (ADSG) de Galicia e convócanse para o período 2022-2023.

A orde está dotada cun orzamento total de 2.150.000 euros e esta achega serve para financiar o traballo que realizan estas entidades para desenvolver programas facultativos de prevención e control de enfermidades animais. Ademais, poderase conceder un anticipo sen necesidade de que os beneficiarios presenten avais bancarios.

Mediante estas subvencións preténdese estimular a integración de gandeiros nestas entidades, establecendo axudas proporcionais ao esforzo económico que realizan estas agrupacións, que facilitan o cumprimento da normativa vixente referente á identificación, ao benestar e á sanidade animal. O obxectivo destas axudas é a mellora do estado sanitario das explotacións gandeiras galegas mediante a execución de programas zoosanitarios comúns para a prevención e o control de enfermidades dos animais.

DOG completo