A conselleira de Medio Rural, María José Gómez, puxo en valor os case catro millóns de euros destinados este ano polo ente autonómico para o control do rendemento leiteiro. Estes fondos servirán para seguir apoiando o funcionamento do Laboratorio Interprofesional Galego de Análise da Leite, o Ligal, e, ademais, para financiar ás Africores da Coruña, Lugo e Pontevedra, asociacións oficialmente recoñecidas para a realización destas funcións na comunidade galega.
Nunha visita ás instalacións do Ligal, María José Gómez destacou que a partida da Xunta ao Laboratorio increméntase nun 44 %, ata case os 2,9 millóns de euros. A axuda ás Africores é dun millón de euros.
O Ligal realiza anualmente preto de dous millóns de mostras de leite, que se corresponden a máis de 200.000 animais de algo menos de 2.300 ganderías de toda Galicia. Para a titular do Departamento de Medio Rural, a do Ligal é "unha contribución decisiva á consolidación de Galicia como líder nacional indiscutible e como rexión de referencia, a nivel europeo, no sector leiteiro".