A Xunta destina 1,2 millóns de euros a axudas para subministrar froita fresca, castañas e leite a centros escolares

A Xunta destina 1,2 millóns de euros a axudas para subministrar froita fresca, castañas e leite a centros escolares

A Consellería do Medio Rural aproba a concesión das axudas destinadas a subministrar froita fresca, castañas e leite ao alumnado dos centros escolares galegos durante o curso 2021-2022. A convocatoria conta cun orzamento de 1,2 millóns de euros, financiado polo Fondo Europeo Agrícola de Garantía (FEAGA), mentres o Imposto sobre o Valor Engadido (IVE) volverá ser subvencionado pola Xunta.

Haberá dous períodos de repartición autorizados, de novembro de 2021 a febreiro de 2022 e de marzo a xuño do próximo ano. O prazo para presentar as solicitudes finaliza o próximo 20 de setembro e poderán acceder a elas os centros escolares de educación infantil, primaria e secundaria (incluíndo a educación secundaria obrigatoria, o bacharelato e a formación profesional de grao medio).

Información publicada no DOG