A Xunta organiza en Curtis un curso sobre técnicas de muxido, alimentación e benestar animal

A Xunta organiza en Curtis un curso sobre técnicas de muxido, alimentación e benestar animal

A Consellería do Medio Rural, a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), organiza un curso sobre as técnicas de muxido, a alimentación e o benestar animal como factores determinantes na calidade do leite, que será impartido pola área de servizos agrarios de Betanzos-Ferrol. Terá lugar no salón multiusos da nave da feira de Curtis do 5 ao 7 de outubro, en horario de 11:00 a 13:00 e de 15:30 a 17:30 horas, co fin de compatibilizar o curso cos labores de muxido.   

Así, o obxectivo principal deste curso, que contará cunha duración de 12 horas, é afondar nestes factores polo miúdo e valorar a súa incidencia na calidade do leite nun contexto de Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS) no marco da Axenda 2030.

Para asistir é necesario cubrir o formulario e envialo a antonio.alvarez.feal@xunta.gal.