A Consellería do Medio Rural, a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), organiza un curso de aplicador e manipulador de produtos fitosanitarios de nivel básico. A formación impartirase no Edificio Multiusos de Santa Comba en horario de 15:30 a 20:00 horas desde este xoves, día 5, ata o próximo 12 de agosto.
O curso está dirixido a calquera persoa vinculada profesionalmente cos sectores produtivos relacionados coa agricultura, gandería, industria agroalimentaria e a cadea forestal-madeira, así como a mozos/as do medio rural galego e persoas con expectativas de incorporación ao sector.
Ten unha duración de 27 horas repartidas en seis xornadas de tarde e abordarán desde os métodos de transporte, almacenamento, manipulación e aplicación dos produtos fitosanitarios, ata os riscos derivados do seu uso.
Os interesados poden anotarse cubrindo a solicitude que deberá ser enviada ao correo electrónico patricia.mendez.perez@xuntal.gal.