A Xunta organiza un curso en Ribadeo sobre benestar animal no transporte

A Xunta organiza un curso en Ribadeo sobre benestar animal no transporte

A Consellería do Medio Rural, a través da Axencia Galega de Calidade Alimentaria (Agacal), organiza un curso sobre benestar animal no transporte que se celebrará no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal (CFEA) Pedro Murias de Ribadeo (Lugo). Esta acción formativa empezará o martes 3 de agosto e terá unha duración total de 20 horas, en horario de 16:00 a 21:00 horas durante catro días.

O programa do curso está dividido en dous módulos, un xeral de 10 horas e outro específico doutras 10. No módulo xeral abordarán temas como a lexislación do benestar animal, a anatomía, a fisioloxía e o comportamento animal. No módulo específico tratarán outros conceptos como a lexislación específica de protección de animais no transporte, a documentación necesaria para o desprazamento de animais ou as prácticas a levar a cabo no transporte.

Para participar é necesario cubrir o formulario e remitilo por correo electrónico